Case 300.000 descargas do Bono Activa Comercio nos primeiros catro días desde o lanzamento da súa 5ª edición

Os establecementos aínda poden sumarse ao programa ata o 1 de setembro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/04/2024 | Actualizada ás 20:11

Comparte esta noticia

Case 300.000 usuarios descargaron o Bono Activa Comercio nos primeiros catro días desde o lanzamento o pasado venres da súa 5ª edición, que ofrece descontos de ata 30 euros en compras nos establecementos adheridos.

A cifra foi achegada polo conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, durante a súa visita este luns en Ourense a un dos 6.500 establecementos nos que poden empregarse estes bonos que pretenden incentivar o consumo .

A Xunta destina a esta iniciativa 2,5 millóns cos que prevé mobilizar 12 millóns de euros en vendas, segundo explicou a Xunta.

Os establecementos aínda poden sumarse ao programa ata o 1 de setembro e os bonos descárganse na web, limitados a un por persoa.

Bono Activa Comercio, Xunta de Galicia
Bono Activa Comercio, Xunta de Galicia | Fonte: XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta