Por GC Tendencias | Santiago de Compostela | 18/10/2015 | Actualizada ás 11:00
A Axencia de Turismo de Galicia adxudicou mediante contrato privado a Editorial Planeta a personalización da obra "Alta Gastronomía Galega". A editorial catalana -que tamén participa nas empresas xornalísticas Onda Cero e La Razón- cobrará da Xunta 41.600 euros pola edición deste libro.
Segundo confirmaron fontes oficiais de Turismo a GC, o volume estará dispoñíbel tanto en español como en galego. Participarán, entre outros moitos cociñeiros do país, Javier Olleros, Cose Cannas, Alberto González, Yayo Daporta, Bea Sotelo e Lucía Freitas; todos eles coñecidos no sector da alta restauración e posuírdores do "sol" que outorga a popular Guía Repsol.
O volume, adxudicado definitivamente este 30 de setembro tras aceptar a Xunta a primeira oferta de Planeta, debe estar dispoñible antes do 31 de decembro deste ano. Planeta é a titular dos dereitos de explotación e de propiedade intelectual da citada obra.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.