Galicia, líder de produción de leite no Estado e a que menos cobra por litro de todas as autonomías

O prezo de leite de produtores galegos segue por baixo de 50 céntimos en marzo, á cola do Estado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/05/2024 | Actualizada ás 09:53

Comparte esta noticia

O prezo do leite que se paga a produtores galegos mantense en marzo nos 49 céntimos por litro, mesma cifra que en febreiro, segundo os datos do Ministerio de Agricultura. Deste xeito, Galicia segue á cola do Estado como única comunidade peninsular onde se paga menos de 50 céntimos por litro. Supoñen dous céntimos menos que a media dos 51,1 céntimos de España (baixa respecto dos 51,5 céntimos de febreiro).

Contrasta o dato galego co catro céntimos máis que se abonan aos gandeiros asturianos, cun valor medio de 53,9 céntimos por litro, prezo máis elevado na península. Igualmente, continúa a perda de produtores que realizan entregas de leite en Galicia e quedan en 5.558, 31 menos que en febreiro. A produción en marzo alcanzou as 264.861 toneladas, o que supón un repunte respecto en case 20.000 toneladas fronte ao mes anterior.

Vacas dunha gandaría de lácteo en Sabadelle, en Chantada./ Carlos Castro / Europa Press
Vacas dunha gandaría de lácteo en Sabadelle, en Chantada./ Carlos Castro / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta