Publicadas as puntuacións provisionais das oposicións a 163 prazas de facultativo especialista do Sergas

Desde este mércores e nun prazo de cinco días hábiles (ata o 22 de maio) todos os interesados poden presentar alegacións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/05/2024 | Actualizada ás 14:26

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) publicou as puntuacións provisionais da fase de oposicións celebrada en marzo para cubrir 163 prazas de facultativo especialista, nun total de 37 especialidades. Así o recollía o martes unha resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos no Diario Oficial de Galicia (DOG). Desta maneira, desde este mércores e nun prazo de cinco días hábiles (ata o 22 de maio) todos os interesados poden presentar alegacións. Do mesmo xeito, a web do Sergas publicou o modelo definitivo de respostas dos distintos exames dunha convocatoria que responde ao modelo de concurso-oposición.

Edificio da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde  (Sergas)
Edificio da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde (Sergas) | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta