Rueda ábrese a derogar o polémico decreto do plurilingüismo: "Estamos dispostos a chegar a acordos"

"Non nos pechamos a nada", di o presidente galego que tamén aclara que non se pode cuestionar o "bilingüismo cordial" que se vive en Galicia.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/05/2024 | Actualizada ás 14:36

Comparte esta noticia

Tamén a política lingüística. O novo goberno de Alfonso Rueda está disposto a falar e chegar a acordos sobre algo que, durante a época de Feijóo, era impensable, a lingua. De feito, o presidente galego está disposto, mesmo, a tocar algo que supuxo un antes e un despois no uso do noso idioma, o polémico decreto do plurilingüísmo, moi criticado sempre por BNG e PSdeG desde a súa aprobación, hai 24 anos.

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, no vídeo de apoio dos populares galegos ao PP de Cataluña.. XUNTA
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, no vídeo de apoio dos populares galegos ao PP de Cataluña.. XUNTA

"Estamos dispostos a chegar a acordos. Non nos pechamos a nada", dixo Rueda tras ser preguntado directamente por unha derogación deste polémico decreto. Unhas afirmacións que coinciden coas realizadas estes días polo novo conselleiro de Cultura, José López, que dixo que quere chegar a un gran acordo pola lingua cos partidos da oposición.

Pero Rueda foi máis alá e non puxo liñas verdes nestas negociacións, incluido, modificar ou derogar o polémico decreto do plurilingüismo da era Feijóo. "Todas as partes temos que chegar a acordos", dixo ao recoñecer que a derogación desta lei foi unha das peticións feitas polos milleiros de manifestantes que o pasado venres se manifestaron convocados por Queremos Galego. Tamén é unha petición que fai o presidente da RAG, Victor Freixanes; a de non poñer ningún tipo de barreiras para un pacto sobre a lingua, tamén a derogación do polémico decreto.

Con todo, Rueda, que non se pechou a falar de nada, tamén incidiu en que non se pode cuestionar o "bilingüismo cordial" que se vive en Galicia, nin utilizar a lingua como arma política. "Dito isto, hai que que comezar a falar e tentar buscar acordos", salientou.

 

NEOFALANTISMO

 

Semella que a intención do Goberno galego vai máis alá das palabras e ademais de deixar aberta as portas a un pacto lingüístico, o Consello da Xunta aprobou este luns novas medidas para fomentar o neofalantismo. Faino coa prórroga dun convenio asinado coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) que comezou no 2021 e que se volve prorrogar outros tres anos para continuar co impulso dun gran portal web,neofalantes.gal,  sobre os e as neofalantes. Neste novo acordo, está previsto ampliar este portal para crear vínculos de emprego entre os neofalantes de do o mundo e afondar os lazos co mundo lusófono.

 

PARLAMENTO EUROPEO

 

No que xa amosou máis dúbidas foi no uso do galego no Parlamento Europeo, unha iniciativa que o Goberno español leva defendendo en Bruxelas co apoio de case todo os partidos nacionalistas e independentistas, así como outras formacións da esquerda no Congreso. "Imos ver cal é a postura no Parlamento europeo e ver todo isto para falar logo da miña postura", dixo. "Son parlamentos diferentes e situacións e usos de linguas comúns diferentes. Antes de pronunciarme quero ver a postura final do Goberno español", engadiu.

NEOFALANTISMO

 

Semella que a intención do Goberno galego vai máis alá das palabras e ademais de deixar aberta as portas a un pacto lingüístico, o Consello da Xunta aprobou este luns novas medidas para fomentar o neofalantismo. Faino coa prórroga dun convenio asinado coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) que comezou no 2021 e que se volve prorrogar outros tres anos para continuar co impulso dun gran portal web sobre os e as neofalantes. Neste novo acordo, está previsto ampliar este portal para crear vínculos de emprego entre os neofalantes e o mundo lusófono.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta