Por E.P. | PONTEVEDRA | 30/05/2024 | Actualizada ás 19:33
Un motorista resultou falecido na tarde deste xoves tras sufrir un accidente de tráfico na localidade pontevedresa de Vilanova.
Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o suceso ocorreu pouco despois das 14,00 horas, cando a motocicleta que conducía a vítima sufriu un accidente no lugar de Tremoedo.
Ata o lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico, Policía Local e Protección Civil, así como persoal sanitario do 061. A pesar de que o home se atopaba consciente cando foi evacuado, terminou falecendo no hospital.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.