Por E.P. | Santiago de Compostela | 31/05/2024 | Actualizada ás 18:56
Na véspera do Día Mundial do Leite, a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, destacou o sector lácteo galego como "referente e ámbito estratéxico do campo" en Galicia. Así o manifestou durante a súa visita á gandaría Quintián, situada na localidade lucense do Páramo, a quen puxo como exemplo na transformación e á hora de xerar valor engadido ao produto.
Neste acto, tal e como trasladou a Xunta, a conselleira subliñou a condición de Galicia como líder nacional en produción de leite, con máis do 40% do total español. Así mesmo, lembrou que Galicia transforma ao redor do 65% do leite que produce e puxo como exemplo desta orientación a gandaría Quintián, "que aposta pola produción de queixos de calidade e tamén pola venda directa do seu produto". Nesta liña, Gómez felicitou aos titulares desta explotación polo seu labor e valorou as axudas autonómicas ás que tivo acceso como os Plans de mellora, cuxa convocatoria para este ano conta cun orzamento de 47 millóns de euros.
Ademais, a titular de Medio Rural destacou a aposta desta empresa familiar lucense pola substitución xeracional, xa que neste caso a actividade gandeira ten continuidade de pais a fillos. A conselleira remarcou a importancia desta cuestión e sinalou que por iso a Xunta "fomenta a renovación xeracional con axudas que permitiron que preto de 5.000 mozos incorporáronse á actividade gandeira".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.