Rescatadas cinco persoas en Moaña tras unha explosión no barco no que viaxaban

En canto ás causas da explosión, segundo explicou a central de emerxencias 112, a Garda Civil baralla unha acumulación de combustible como orixe da deflagración.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 02/06/2024 | Actualizada ás 20:08

Comparte esta noticia

Un total de cinco persoas, dúas delas trasladadas por queimaduras, tiveron que ser rescatadas no municipio pontevedrés de Moaña tras unha explosión na embarcación na que se atopaban. Segundo informou o 112, o suceso produciuse sobre as 17.00 horas deste domingo no porto de Meira e foron varios particulares os que deron a voz de alarma.

Todos os tripulantes saltaron a outra embarcación para refuxiarse, pero dous deles necesitaron atención sanitaria xa que presentaban varias queimaduras e foron evacuados ao Hospital de Povisa, en Vigo. En canto ás causas da explosión, segundo explicou a central de emerxencias, a Garda Civil baralla unha acumulación de combustible como orixe da deflagración. No operativo participou Salvamento Marítimo, a Policía Local e os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Helicóptero e ambulancia de Urxencias Sanitarias 061 Galicia
Helicóptero e ambulancia de Urxencias Sanitarias 061 Galicia | Fonte: Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta