A creación de empresas en Galicia crece un 12,5% en maio, ata 370 sociedades

Segundo a Explotación do Boletín Oficial do Rexistro mercantil (Borme).

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/06/2024 | Actualizada ás 11:11

Comparte esta noticia

A creación de sociedades mercantís en Galicia creceu un 12,46% en maio, en comparación co mesmo mes de 2023, ata situarse nas 370 compañías, segundo a Explotación do Boletín Oficial do Rexistro mercantil (Borme) publicada este martes polo Instituto Galego de Estatística (IGE).

Deste total, 148 foron constituídas na Coruña, así como 33 en Lugo, 43 en Ourense e 146 en Pontevedra. Ademais, 359 eran sociedades limitadas, unha sociedade anónima e 10 empresas eran outro tipo de compañías.

Así mesmo, disolvéronse en maio 84 empresas, tres menos que no mesmo mes de 2023. Tamén reduciron capital 18, dous máis que hai un ano. Pola súa banda, 81 ampliaron capital, sete menos que en maio do ano pasado.

En canto ao capital subscrito, as novas sociedades mercantís creadas en Galicia contabilizaron máis de 25 millóns de euros, multiplicando por máis de cinco o capital desembolsado polas firmas creadas hai un ano.

Sociedade Mercantil
Sociedade Mercantil | Fonte: Commons

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta