A nova edición da campaña 'Días azuis do comercio galego' comezará este luns e sorteará 20.000 euros en premios

Nesta edición poderán participar todas as persoas que compren nos establecementos de proximidade de Galicia nas datas da campaña. Así, coa súa participación entrarán nun sorteo de 44 cartóns por valor de 250 euros e 60 de 150 euros para comprar nos comercios polo miúdo galegos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/06/2024 | Actualizada ás 14:50

Comparte esta noticia

A nova edición da campaña 'Días azuis do comercio galego', que se desenvolverá entre o 10 e o 30 de xuño, sorteará 20.000 euros en premios co obxectivo de estimular a demanda, o comercio de proximidade, reactivar o consumo e dinamizar o sector. A campaña nace da colaboración entre a Xunta e a Federación Galega de Comercio e conta co apoio de Abanca, das federacións provinciais de comercio, as asociacións de comerciantes e dos centros comerciais abertos de Galicia.

Nesta edición poderán participar todas as persoas que compren nos establecementos de proximidade de Galicia nas datas da campaña. Así, coa súa participación entrarán nun sorteo de 44 cartóns por valor de 250 euros e 60 de 150 euros para comprar nos comercios polo miúdo galegos.

Durante a presentación da campaña que foi este luns, o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, remarcou a importancia do pequeno comercio para consolidar o emprego e favorecer a posta en marcha das nova iniciativas emprendedoras. En liña, remarcou a importancia de accións como esta para facilitar o desenvolvemento da actividade comercial, impulsar as vendas e, ao mesmo tempo, garantir o mantemento do negocio promovendo a substitución xeracional.

Presentación da campaña 'Días azuis do comercio galego'.. XUNTA
Presentación da campaña 'Días azuis do comercio galego'.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta