9J.- Besteiro e Casares chaman a votar polo Partido Socialista como "único proxecto galeguista e europeísta"

O líder socialista cualifica de "crítico" o momento no que chega este proceso electoral.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/06/2024 | Actualizada ás 10:32

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, e o candidato galego socialista ás europeas, Nicolás González Casares, chaman a votar por Partido Socialista como o "único proxecto galeguista e europeista".

Nun peche de campaña en Santiago, ambos alertaron da ameaza dunha ultradereita que pon en perigo á Europa solidaria e de progreso, despois de saír adiante sen "deixar a ninguén atrás" cos fondos de recuperación tras a covid.

O eurodeputado lalinense sinalou o aspecto simbólico de elixir Compostela para o peche de campaña como punto de relación histórica co resto do continente, "o fin do Camiño, pero onde empeza todo para os galegos e as galegas". Destaca que o PSOE está "a crecer mentres o PP xoga a empatar, e quen xoga empatar perde".

Pola súa banda, Besteiro cualifica de "crítico" o momento no que chega este proceso electoral. "Do que votemos depende o futuro de Europa", avisa. Lembra que o proceso de construción europea "é un proceso case exclusivamente socialista" e sinala a políticos como Delors, Mitterrand e González como "construtores" da Unión Europea, aos que sumou "xente de centrodereita como Kohl", que era "distinta" aos políticos conservadores actuais.

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, e o candidato galego socialista ás europeas, Nicolás González Casares, en Santiago. PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, e o candidato galego socialista ás europeas, Nicolás González Casares, en Santiago. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta