Seguen aumentando os divorcios e separacións en Galicia

Subiron un 22 % no primeiro trimestre de 2024. As demandas por ruptura matrimonial pasaron de 1.126 a 1.374 Por cada 100.000 habitantes contabilizáronse na comunidade 50,8 demandas, fronte ás 53,6 de media estatal As separacións consensuadas son as que sufriron un maior incremento, un 86,7 %, con respecto ao mesmo período do ano pasado A Coruña, 10 de xuño de 2024.- No primeiro trimestre de 2024 rexistráronse en Galicia 1.374 demandas de ruptura matrimonial (separacións, divorcios e nulidades), fronte ás 1.126 do mesmo período do ano pasado, o que supón un incremento do 22 %. A nivel estatal, aumentaron un 15,3 %. Poñendo en relación as demandas de ruptura matrimonial coa poboación ao 1 de xaneiro de 2024, obsérvase que, por cada 100.000 habitantes contabilizáronse no período estudado 50,8 demandas, fronte ás 53,6 de media estatal. Segundo os datos feitos públicos pola Sección de Estatística do Consello Xeral do Poder Xudicial, na comunidade autónoma incrementáronse as separacións consensuadas, de 15 a 28 -un 86,7 %- e as non consensuadas, de 10 a 14, un 40 %. En canto aos divorcios, tamén sufriron un incremento: os consensuados ascenderon de 613 a 735 -case un 20 %- e os non consensuados de 487 a 597 -un 22,6 %-. Mentres que neste primeiro trimestre non se produciu ningunha nulidade matrimonial. En canto aos procedementos de modificación de medidas non consensuadas, entre xaneiro e marzo producíronse 394, unha cifra que diminuíu con respecto ao ano anterior. Con todo, aumentaron os procedementos consensuados deste tipo, que pasaron de 123 a 204. No referente aos procedementos de garda, custodia e alimentos de fillos non matrimoniais, rexistráronse 352 dos non consensuados, fronte aos 289 presentados no mesmo período do ano 2023, é dicir, un 21,8 % máis. Mentres que as consensuadas pasaron de 208 a 251.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/06/2024 | Actualizada ás 11:06

Comparte esta noticia

As separacións e divorcios en Galicia aumentan un 22 % no primeiro trimestre de 2024. Así, rexistraronse 1.374 demandas de ruptura matrimonial (separacións, divorcios e nulidades), fronte ás 1.126 do mesmo período do ano pasado, o que supón un incremento do 22 %. A nivel estatal, aumentaron un 15,3 %.

Sinatura de divorcios e separacións
Sinatura de divorcios e separacións | Fonte: EP

Poñendo en relación as demandas de ruptura matrimonial coa poboación ao 1 de xaneiro de 2024, obsérvase que, por cada 100.000 habitantes contabilizáronse no período estudado 50,8 demandas, fronte ás 53,6 de media estatal.

Segundo os datos feitos públicos pola Sección de Estatística do Consello Xeral do Poder Xudicial, incrementáronse as separacións consensuadas, de 15 a 28 -un 86,7 %- e as non consensuadas, de 10 a 14, un 40 %. En canto aos divorcios, tamén sufriron un incremento: os consensuados ascenderon de 613 a 735 -case un 20 %- e os non consensuados de 487 a 597 -un 22,6 %-. Mentres que neste primeiro trimestre non se produciu ningunha nulidade matrimonial.

En canto aos procedementos de modificación de medidas non consensuadas, entre xaneiro e marzo producíronse 394, unha cifra que diminuíu con respecto ao ano anterior. Con todo, aumentaron os procedementos consensuados deste tipo, que pasaron de 123 a 204. No referente aos procedementos de garda, custodia e alimentos de fillos non matrimoniais, rexistráronse 352 dos non consensuados, fronte aos 289 presentados no mesmo período do ano 2023, é dicir, un 21,8 % máis. Mentres que as consensuadas pasaron de 208 a 251.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta