A Xunta lamenta que os MIR de último ano traballen supervisados, pero "acatará" a decisión de Sanidad

Rueda di que buscarán MIR para que susbtitúan aos profesionais que no verán están de vacacións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2024 | Actualizada ás 16:40

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta e líder do PPdeG, Alfonso Rueda, reafirmouse en que, ante a falta de médicos, lamenta que o Ministerio de Sanidad non aceptase "a petición de moitas comunidades" en relación aos facultativos residentes de último ano e decretase que non é posible que exerzan a súa función "sen a supervisión dun titor".

"Como non podía ser menos, aínda que non esteamos de acordo, acatamos esta decisión, por tanto o MIR de último ano estarán a traballar coa presenza dun titor. Gustaríanos que fose doutra maneira, pero loxicamente acatamos e pomos os medios que están á nosa disposición para que a atención sexa mellor", sentenciou.

En concreto, aludiu en que "o primeiro" paso para conseguilo será "retribuír" aos MIR de último ano que queiran traballar durante os meses de verán, cando a escaseza de facultativos en Atención Primaria é máis perentoria e se percibe máis pola cidadanía.

O obxectivo, reafirmou, é lograr que haxa "unha atención máis normalizada" nos meses de verán, que son os momentos de "máis tensión", sobre todo nalgunhas zonas de especial afluencia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na rolda de prensa posteiror á reunión da Xunta
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na rolda de prensa posteiror á reunión da Xunta | Fonte: DAVID CABEZON

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta