Por Galicia Confidencial | Arousa | 12/06/2024 | Actualizada ás 21:05
Decenas de barcos do sector bateeiro concentráronse este mércores na canle da ría de Arousa para mostrar a súa repulsa contra a fábrica de fibras téxtiles que a multinacional portuguesa Altri quere instalar en Palas de Rei. A protesta, convocada pola Plataforma en Defensa da Ría e Arousa (PDRA) e A Ulloa Viva, congregou a numerosas embarcacións acudiron a recibir ao buque 'Arctic Sunrise' de Greenpeace.
Unha vez á entrada da canle, entre os asubíos das demais embarcacións, o buque de Greenpeace despregou unha gran pancarta na que se puido ler 'Defende o mar' e polo lado de estribor: 'Altri non'. Ademais, varios barcos portaron pancartas cos lemas 'Non á celulosa, si á ría de Arousa' e 'Todos a Santiago o domingo 30 de xuño, Altri non' (en referencia á manifestación que terá lugar en San Caetano).
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- O MITECO defende que que as decisións sobre o lobo se toman en base a criterios científicos
- Os encoros galegos atópanse ao 60,1 % da súa capacidade tras recuperar 27 hectómetros cúbicos na última semana
- A UE logra rebaixar a protección internacional do lobo, que deixa de ser especie de "protección estrita" e pasa a simple "protección"
- Tregua de lumes en Galicia? Caen as hectáreas queimadas no 2024, ata a menor cifra da serie histórica en período de alto risco
- A Xunta anuncia recursos contra o Goberno central se non se traspasan as competencias de metereoloxía
- Bruxelas recibe "a situación real" do lobo en Cantabria, Galicia, Asturias e Castilla y León