Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 14/06/2024 | Actualizada ás 16:38
O Parlamento de Galicia creará, a proposta de todos os grupos parlamentarios, unha comisión non permanente de estudo para a modificación da letra do himno galego de forma que se recolla o texto orixinal do poema escrito por Eduardo Pondal sen os erros que perduraron no tempo.
En rolda de prensa, o portavoz parlamentario popular, Alberto Pazos Couñago, anunciou a creación desta comisión e expresou que están dispostos a "estudar calquera nova evidencia científica que sirva de apoio e de axuda nesta cuestión", de forma que avoga por facer unha "análise pausado e reflexivo sobre a posible modificación". Así, prevé a constitución desta comisión no "menor prazo posible", antes de que termine o actual período de sesións, o 15 de xullo, coa posterior aprobación de normas de funcionamento e plan de traballo.
Remarca a importancia de que haxa un "amplo consenso social" por ser "un símbolo que é patrimonio de todos os galegos" e que representa a Galicia "por todo o mundo". Compromete a posibilidade de modificar a letra, pero sempre que sexa desde a unanimidade do Parlamento, con achegas e documentos de expertos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.