O sector eólico urxe "reactivar" as renovables en Galicia: "O ano pasado non se instalou nin un só MW novo"

"Os investidores empezan a mirar cara a outros territorios onde hai certeza e seguridade xurídica, así como axilidade na tramitación dos expedientes", aseguran.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2024 | Actualizada ás 20:07

Comparte esta noticia

O sector eólico galego reivindicou, con motivo do Día Mundial do Vento, que se conmemora o 15 de xullo, "unha maior conciencia social" acerca da transcendencia das enerxías renovables e da "urxencia" da súa "reactivación". Nun comunicado, o sector subliña que o vento é "un recurso autóctono, limpo e renovable".

Xeradores eólicos
Xeradores eólicos | Fonte: Arquivo

"Trinta anos de desenvolvemento eólico nun terzo dos municipios galegos constatan a boa convivencia dos aeroxeradores coas persoas e os animais", remarcou, ademais de incidir nos "ingresos" que supón a súa instalación para as arcas das administracións e economías locais. O sector eólico incidiu en que, a pesar diso e "en plena emerxencia climática", Galicia está suxeita "á importación do 66 % de combustibles fósiles" e a evolución é "negativa".

"O ano pasado non se instalou nin un só MW novo. A final do exercicio actual espérase chegar aos 53 MW. No período 2020-24 só sumarían 153 MW, cando en 2019 instaláronse 418. As cifras de instalación de nova potencia nos últimos anos son demoledoras. Imos ao revés e ao contraxeito", laméntase o sector no comunicado. Nel, finalmente incídese na necesidade de urxir a reactivación, tendo en conta que "os investidores empezan a mirar cara a outros territorios onde hai certeza e seguridade xurídica, así como axilidade na tramitación dos expedientes".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Menos BNG

Nos temos un partido dos Verdes de verdade, chamase BNG, cun comisario de pesca no seu grupo verde europeo que está machacando a frota galega e apoiando a morte o gasoi e a gasolina dende o TSXG co colega Villares, a peor esquerda de europa. Avante Galiza.