O cambio nas indemnizacións de Renfe mobiliza ao BNG no Congreso: esixen explicacións e volta ao sistema antigo

Ademais de restituír os tempos previos, pide pór en marcha medidas que "garantan a puntualidade dos servizos", como o Plan de Mellora da Puntualidade, e "reducir os prezos dos billetes porque os actuais son abusivos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2024 | Actualizada ás 13:46

Comparte esta noticia

O BNG rexistrou iniciativas no Congreso para "esixir explicacións" ante o cambio do sistema de indemnizacións por atrasos en servizos AVE, Avlo, Euromed e Intercity, ademais de esixir a Renfe que manteña os tempos estipulados ata agora para as devolucións. Explican nun comunicado que o deputado do BNG, Néstor Rego, quere "coñecer os motivos que levaron a endurecer as condicións" para o reembolso dos billetes, así coma se se teñen pensado aplicar a outros servizos como Alvia ou Avant.

Ademais de restituír os tempos previos, pide pór en marcha medidas que "garantan a puntualidade dos servizos", como o Plan de Mellora da Puntualidade, e "reducir os prezos dos billetes porque os actuais son abusivos". "O cambio nos requisitos para a devolución do prezo dos billetes é, sen dúbida, un retroceso e empeora os dereitos dos viaxeiros dos servizos ferroviarios. Resulta evidente que os constantes incidentes, demoras e problemas que se están producindo, en particular nos servizos entre Galicia e Madrid, teñen moito que ver con esta decisión", apunta Rego.

Así mesmo, para o deputado do BNG, "Renfe e o Goberno deberían apostar polo abaratamento do custo dos billetes". "Os prezos actuais son abusivos e mantelos sería inxusto. Unhas tarifas que, agora, a pesar dos habituais atrasos e incidentes, van ser máis difíciles de recuperar polos usuarios", defende.

Tren de Renfe
Tren de Renfe | Fonte: RENFE - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta