Galicia continúa o seu camiño cara a un deserto demográfico: morre máis xente da que nace

O número de nacementos en Galicia cae un 8,75% en abril e acumula un descenso do 2,4% no que vai de ano.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/06/2024 | Actualizada ás 09:58

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou 1.021 nacementos no mes de abril, o que supón un 8,75% menos dos contabilizados no mesmo mes de 2023, segundo datos publicados este mércores polo Instituto Galego de Estatística (IGE), recollidos por Europa Press. Desta maneira, no que vai de ano Galicia suma 4.346 bebés, o que supón un 2,4% menos se se compara co mesmo período do exercicio pasado.

A nivel estatal, en abril rexistráronse 25.036 nenos, un 0,2% máis, e 104.375 bebés no catro primeiros meses de 2024, un 1,24% máis.

DEFUNCIÓNS

En canto ao número de defuncións, ata a semana 22 deste ano (desde o 27 de maio ao 2 de xuño), Galicia contabilizou 14.846 falecidos, un 0,92% máis que hai un ano.

No total de España, ata 195.303 persoas morreron no que vai de ano, un 0,29% máis que no mesmo período de 2023.

Imaxe dunha man dun bebé e a súa nai. Galicia segue tendo moitos problemas para novos nacementos
Imaxe dunha man dun bebé e a súa nai. Galicia segue tendo moitos problemas para novos nacementos | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta