Morre unha muller de 77 anos atropelada por un autobús urbano en Ourense

O suceso ocorreu ás 13.35 horas, na parroquia de San Pedro de Cudeiro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2024 | Actualizada ás 15:50

Comparte esta noticia

Unha muller de 77 anos de idade, veciña do barrio ourensán de Ou Viso, morreu no mediodía deste mércores ao ser atropelada por un autobús de liña urbana da cidade das Burgas.

Segundo informan o 112 e a Garda Civil, o suceso ocorreu ás 13.35 horas na N-525, na parroquia de San Pedro de Cudeiro. No mesmo lugar do atropelo hai un paso subterráneo destinado aos peóns.

Ata o lugar desprazouse un equipo de Urxencias Sanitarias-061, pero non puido facer nada por salvar a vida da septuaxenaria e só certificou a súa morte no acto. Ademais, por parte da Garda Civil, mobilizouse un equipo de investigación de sinistros e tres patrullas de motoristas.

Autobús implicado no atropelo mortal dunha septuaxenaria en Ourense.. GARDA CIVIL
Autobús implicado no atropelo mortal dunha septuaxenaria en Ourense.. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta