A esquerda europea xúntase en Santiago para abordar a “ditadura do euro”

Representantes do Sinn Féin, do Bloco de Esquerda, do Die Linke alemán e de Unidade Popular de Grecia participarán nunha xornada impulsada por AGE en Europa e na que participará Xosé Manoel Beiras.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 17/11/2015 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

“A Esquerda Europea. Garante dos dereitos das persoas fronte ás políticas de austeridade”. Ese é o título dunhas xornadas na que participarán representantes de organizacións políticas da esquerda de toda Europa e que abordarán a situación actual de “ditadura do euro”.

Alexis Tsipras xunto a Lidia Senra e Xosé Manuel Beiras nun acto en Santiago
Alexis Tsipras xunto a Lidia Senra e Xosé Manuel Beiras nun acto en Santiago

O evento posibilitará poder escoitar na capital galega as teorías de representantes do Sinn Féin irlandés, do Bloco de Esquerdas de Portugal, de Unidade Popular de Grecia ou do Die Linke alemán. Tamén intervirán persoas expertas na materia procedentes da Universidade de Barcelona e de Euskadi, así como o Portavoz Nacional de Anova-IN e Portavoz de AGE no Parlamento Galego, Xosé Manuel Beiras.

O seu obxectivo é “poñer en debate e análise as políticas económicas que o neoliberalismo está a aplicar coa escusa da crise, debullar o que realmente se agocha detrás das medidas de austeridade e poñer enriba da mesa os eixos que garanten a defensa dos dereitos das persoas por diante dos intereses do Capital”. 

As xornadas están organizadas polo Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL). Contarán con Lídia Senra, eurodeputada por Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), como anfitrioa do evento. Terán lugar o vindeiro sábado no Salón de Actos da Facultade de Filosofía da USC. Habilitarase tamén na propia Facultade de Filosofía unha área con servizo de gardería, para facilitar que as persoas con nenas e nenos ao seu cargo poidan vir ás xornadas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

10 J2EV

Que ben viven. Os seus simpatizantes filosofando nas barras dos pubs de moda e eles organizando simposiums e falando e falando e falando. E nós trabalhando, trabalhando, trabalhando. Ai, deus meu! Canta hipocresía hai e que ben saben viver algúns. Adolescentes do mundo uni-vos! Os maiores sacaremos os vosos votos e viveremos como temos que viver. Pero cando chegue a hora da verdade, como en Catalunha ou antes en Grecia, mandaremos ó caralho o que filosofamos uns cantos traidores. Porque é o que somos: traidores. Mires como o mires, son traidores. E máis nada. Viven de lhe comoer o coco ós adolescentes.

9 cachamuiña

Os que son de esquerdas son os socios de goberno nas Deputacións de Lugo, Pontevedra e A Coruña, cos que goberna o BNGuai

8 cachamuiña

Supoño que acudirá Yoli Procesiones, agora que xa coseguiu ser candidata ó Parlamento Español, a repartir bicos a todos cantos atope por alí

7 Shin-Chan

É o que mellor sabe facer este tipo de esquerda: xuntarse.

6 Ditadura dos 5000 euros

Que o fagan despois das 12 que se non O'Beiras igual non vai