O BNG reclama a ruptura de relacións e o bloqueo a Israel: "Só así se pode parar o xenocidio"

Recibe unha delegación da Flotilla da Liberdade, de parada en Galicia no seu camiño a Gaza.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 28/06/2024 | Actualizada ás 14:11

Comparte esta noticia

O BNG volveu a reclamar a necesidade de romper relacións comerciais e institucionais co Estado de Israel e imporlle un "bloqueo" desde a comunidade internacional como "único" camiño a deter "o xenocidio do pobo palestino".

"Só así se pode parar o xenocidio", reivindicou a deputada nacionanlista Iria Taibo nunha comparecencia ante os medios tras a recepción a unha delegación da Flotilla da Liberdade, que se atopa estes días de parada en Galicia no seu camiño a Gaza para transportar axuda humanitaria e visibilizar "o que está a pasar en Palestina".

O grupo frontista no Parlamento galego remarcou que a guerra na franxa de Gaza "non empezou" en outubro de 2023, senón que se trata dun paso máis nos plans de Israel mentres a comunidade internacional "non" fai nada respecto diso.

Neste sentido, Taibo subliñou que o Bloque defendeu inciaitivas no Parlamento galego que reclaman a ruptura de relacións diplomáticas e comerciais con Israel. "Mentres non se dean estes pasos non vai parar o xenocidio", apostilou. Por parte da Flotilla da Liberdade tomou a palabra o representante para os medios, Fillipe Lopes, que denunciou a "complicidade" de países como os Estados Unidos, Francia, Alemaña ou o Reino Unido co "xenocidio".

A Flotilla recoñece "o esforzo" do Goberno español de recoñecer o Estado de Palestina, pero cren que deben ir máis aló e facer efectiva unha ruptura das relacións con Israel porque "só así" poderá "cambiarse" a súa forma de actuar.

Ademais, instou ao Estado e aos representantes públicos no Congreso e o Senado a crear "un sistema de protección" aos barcos e membros que forman parte da Flotilla para defendela dos "ataques" que sofren por parte de Israel e os países aliñados con el.

Tamén tomou a palabra Ángela Luísa Gippini, membro da coordinadora galega de solidariedade con Palestina, que trasladou o apoio á misión da Flotilla, que fai "moito máis que levar axuda humanitaria a Gaza". Nesta liña, reclamou que os parlamentos vaian "máis aló das palabras" e pasen aos "feitos" para esixir aos gobernos que inicien accións de bloqueo a Israel.

O Grupo Parlamentario do BNG recibe a unha delegación da Flotilla da Liberdade no Parlamento galego. BNG
O Grupo Parlamentario do BNG recibe a unha delegación da Flotilla da Liberdade no Parlamento galego. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta