Rueda insiste en que a Xunta "non autorizará" ningunha industria que "non cumpra" coa normativa ambiental

Cuestionado sobre lei de simplificación de trámites ambientais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2024 | Actualizada ás 16:10

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, insistiu en que o goberno autonómico "non autorizará ningunha industria, nin actividade que non cumpra" coa normativa ambiental. Así o fixo nunha entrevista na Radio Galega recollida por Europa Press na que foi cuestionado sobre lei de simplificación de trámites ambientais que suporá, defendeu, "darlle máis facilidades" aos que queren emprender.

Rueda sinalou que "moitas veces" hai xente que quere investir en Galicia, pero que lle "bota para atrás" toda a tramitación que, ás veces, é "demasiado confusa, lenta e burocrática", polo que o seu obxectivo é "simplificala ao máximo". A lei, continuou, vai establecer os trámites necesarios e vai eliminar outros que "non son imprescindibles". Todo iso, á vez que "vai ser moi garantista".

"En Galicia non se vai a autorizar, como ata o momento, pero volvo dicilo: non se vai autorizar ningunha industria, ningunha actividade que non cumpra rigorosamente coa normativa ambiental", asegurou Rueda na entrevista que se emitiu este domingo, coincidindo coa manifestación en San Caetano contra o proxecto de fibras téxtiles que Altri quere instalar no municipio lucense de Palas de Rei.

FINANCIAMIENTO AUTONÓMICO

En canto ao financiamento autonómico, Rueda apostou por reeditar a alianza da Declaración de Santiago que foi asinada, fai tres anos, por oito comunidades autónomas de diferentes partidos políticos.

Ese documento, explicou, recollía os principios comúns que ían trasladar ao Goberno central cando "os chamasen". "O problema é que isto foi fai tres anos e nunca nos chamaron e seguen sen chamarnos", criticou. Rueda tamén reivindicou que o financiamiento autonómico débese "discutir entre todos", porque, o non facelo, dixo, "supón que xa vén discutido de antes con algúns".

"Se nos sentamos entre todos, chegaremos a un acordo que máis ou menos nos contente a todos, renunciando tamén un pouco a algunhas cousas todas as comunidades autónomas. Se empezan a discutir un a un, cando nos chegue a quenda, se é que algún día nos chega, porque xa sabemos a quen van atender primeiro, todo será moito máis difícil ou imposible", asegurou. O financiamiento autonómico, continuou, ou é solidario entre todos e discútese entre todos ou para Galicia "é letal" e isto "ten que entendelo todo o mundo".

TURISMO

Outro dos temas que trataron foi o turismo. Rueda prognosticou un bo ano para Galicia neste ámbito e remarcou que agora o que se debe facer é apostar é polo turismo sustentable: "compaxinar o crecemento coa conservación daquilo que fai que veña tanta xente".

Con todo, hai concellos, como o de Santiago, que xa están a tomar medidas contra esa 'masificación turística', unhas medidas que, para Rueda, hai que realizar "con sentido" e con en "consenso co sector".

"Tomar medias un pouco cara á galería, pensando máis en lanzar mensaxes que en que sexan efectivas, iso non adoita funcionar. Por tanto, eu creo que si, que hai que hai que regular o novo fenómeno, como a vivenda turística, pero hai que facelo falando con todo o mundo", esgrimiu. Segundo Rueda, "hai que ser valentes" para tomar medidas, pero deben ser "consensuadas" e "non se deben facer por demagoxia ou por crer que os problemas se solucionan facendo prohibicións".

INFRAESTRUTURAS: TRENS AVRIL E AP-9

En materia de infraestruturas, falaron sobre os trens Avril e Rueda instou ao Goberno a que mire a ver "que está a pasar cos atrasos e coas avarías". Ademais, pediu ao Ministerio de Transportes, que dirixe Óscar Puente, que cumpra cos compromisos con Galicia como a activación, para o mes de outubro, de máis prazas nos trens Avril e máis frecuencias.

En canto á reunión co comisionado do Goberno para o Corredor Atlántico Ferroviario, o mandatario galego non está "nada satisfeito" co encontro. "Apareceron sen un só papel, viñan escoitar, sen ningunha concreción, que xa nos pasarían os papeis. Encima puxeron en dúbida que Portugal cumprise o compromiso que me dixo o ministro de Infraestruturas portugués de levar o AVE á fronteira con España a tempo, para que chegue tamén doutra parte", recalcou Rueda.

Sobre estradas, foi preguntado pola AP-9, do que Rueda insistiu na reclamación da transferencia a Galicia e espera que "sexa definitiva" e gratis, tal e como, lembrou, comprometeu o candidato do PSdeG nas eleccións autonómicas.

Así mesmo, Rueda cargou contra o BNG que, apuntou, no seu pacto de investidura, dixo que "conseguiron grandes descontos", pero polo momento o que se viu foi "a maior subida de peaxes en todas as estradas de España".

"Espero que desta vez sexa a definitiva e espero que non volva haber un bloqueo por parte do PSOE en Madrid. Eu teño claro que o meu partido en Madrid vaino a favorecer e espero que o PSOE faga o mesmo. Teño claro tamén que se se xestiona desde aquí as cousas poden mellorar", asegurou.

Rueda preside o Consello da Xunta.. Xunta de Galicia
Rueda preside o Consello da Xunta.. Xunta de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta