Grande alarma tras arder un camión cargado de rodas na A-52, ao seu paso por Melón

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 01/07/2024 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

Un camión cargado de rodas ardeu por completo na madrugada deste luns á altura do quilómetro 262 da A-52, sentido Benavente, ao seu paso polo municipio ourensán de Melón.

Aínda que o condutor do vehículo tardou en darse conta do que sucedía, pois seguía circulando pola A-52. Finalmente, detivo a marcha uns quilómetros máis adiante, xusto na saída cara a Melón. Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar ás 5,30 horas e varios equipos de emerxencias participan nos labores de extinción dun incendio que chegou a comprometer a contorna.

De feito, tamén foron informados efectivos de incendios forestais para apoiar o traballo dos bombeiros e salvagardar o espazo forestal. En en lugar traballan, ademais dos membros do GES de Ribadavia, os Bombeiros do Carballiño e Ponteareas, que xa teñen o lume controlado aínda que non extinguido, xa que para iso é necesario a colaboración do persoal de limpeza e mantemento da vía, neste caso do Ministerio de Fomento, para a retirada das rodas de gran tamaño que transportaba o camión.

ARDE UNHA CASA NA MERCA

Por outra banda, outro incendio calcinou por completo unha vivenda na Merca, Ourense, aínda que non se produciu ningún dano persoal e as chamas tampouco afectaron as vivendas lindeiras.

O CIAE 112 Galicia informou de que as chamas empezaron minutos antes das 22,00 horas do domingo, cando se puxeron en marcha os protocolos correspondentes para a activación dos medios e recursos de emerxencias. Neste caso, Bombeiros de Celanova, Incendios Forestais e a punto estiveron de acudir os Bombeiros de San Cibrao, pero, finalmente, non foi necesario.

Arde un camión cargado de rodas na A-52, ao seu paso por Melón
Arde un camión cargado de rodas na A-52, ao seu paso por Melón | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta