Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 03/07/2024 | Actualizada ás 20:22
Un home morreu na tarde deste mércores en Ribadumia ao caerlle encima una das viguetas dunha viña mentres conducía un tractor. Ocorreu na rúa Revolta, parroquia de Besomaño, pouco despois das 18:00 horas. Era un veciño quen chamaba ao 112 para alertar de que o implicado chocara co vehículo contra unha columna e que isto provocara que a viga se caese, aínda que varias persoas xa a conseguiron retirar.
Con estes datos, a central de emerxencia solicitou a intervención da Garda Civil, dos bombeiros do Salnés, de Protección Civil e de Urxencias Sanitarias-061, que desprazou ata o punto a un helicóptero medicalizado. Os bombeiros ocupáronse de facilitar a liberación do home, do que os profesionais médicos só puideron confirmar o seu falecemento.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.