De Lara mantén o secreto sobre 11 tomos da Operación Pokemon

As primeiras detencións pola Operación Pokemon producíronse en outubro de 2012. Máis de tres anos e ducias de imputados de todas as cores despois, 11 tomos e 470 folios seguen baixo segredo de sumario.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 21/11/2015 | Actualizada ás 09:20

Comparte esta noticia

A xuíza Pilar de Lara acaba de comunicar ás partes que prorroga o segredo desta parte do sumario polo menos durante un mes máis. A maxistrada argumenta que non pode motivar máis o seu auto sen desvelar detalles claves da operación.

As xuízas Estela San José e Pilar de Lara
As xuízas Estela San José e Pilar de Lara | Fonte: Interviu

Cómpre ter en conta que a xuíza ordenou a pasada o rexistro de varios concellos, como o de Pontevedra. Pouco se sabe dos feitos concretos que busca De Lara nestes municipios, aínda que este venres transcedeu que imputara ao ex-alcade de Oviedo, un dos últimos Concellos en ser rexistrado por Vigiliancia Aduanera. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Empezo a crer que esta muller non sabe nin o que busca nin o que fai... (?) Semella que calquera irregularidade administrativa servelle para tirar do fío... Así máis que un xuizo á corrupción e aos corruptos estase a converver nunha telenovela sen interese algún... (?) Se logo o único que fan os "imputados" é limitarse a "gardar silencio" ¿para qué serve tanta instrucción e tanta imputación que non chega a ningures? // Como mosta un botón do blog de Carlos Príncipie (sobre a Operación Patos en Vigo) : http://carlosprincipe.com/2015/11/1... Nin siquera responde ás preguntas da acusación particular! E sae en tódolos medios dicindo que respondeu a todo canto lle preguntaron no xulgado (?)