Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 11/07/2024 | Actualizada ás 19:31
A Xunta aporbou a creación dun grupo de traballo técnico para actualizar a Estratexia galega de cambio climático e enerxía 2050 (EGCCE 2050) co obxectivo de seguir avanzando cara a unha Comunidade neutra en emisións.
Durante a súa participación na reunión do pleno da comisión interdepartamental para o impulso e coordinación da EGCCE 2050, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, explicou que este grupo de profesionais dará inicio aos traballos para a elaboración do novo Plan rexional integrado de clima e enerxía 2024-2030, "que permitirá revisar e actualizar as liñas e medidas da folla de ruta da Comunidade para alcanzar a neutralidade climática".
Ángeles Vázquez explicou que este grupo de traballo estará integrado por persoas de perfil técnico que terán a función de colaborar na definición, revisión e contraste previo das propostas técnicas que se trasladarán con posterioridade á comisión interdepartamental para realizar as reunións temáticas en función dos obxectivos do plan rexional integrado.
Nesa liña, a conselleira incidiu en que as prioridades deste plan buscan a mitigación das emisións para avanzar na neutralidade climática; apostar pola protección da biodiversidade e do patrimonio natural, e dar un ánimo ás medidas orientadas a reducir o impacto do cambio climático na saúde.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.