Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 11/07/2024 | Actualizada ás 20:29
A Xunta de Galicia reclamou unha "maior claridade e transparencia" en relación coas fórmulas de distribución dos fondos de formación para as políticas activas de emprego de face a 2025, financiadas con recursos do Estado, así como unha "menor inxerencia" do Goberno na aplicación dos citados fondos.
Así o transmitiu este xoves o conselleiro do Emprego, Comercio e Emigración, José González, no marco da Conferencia Sectorial de Emprego e Asuntos Laborais do Ministerio de Traballo e Economía Social, no que participou por videoconferencia.
Neste encontro, abordáronse os criterios de distribución de fondos para políticas activas de emprego, cuestión sobre a que Galicia tamén demandou que os do próximo ano sexan debatidos nunha próxima conferencia sectorial, posto que é un asunto "que require ser analizado con antelación e atendendo ás autonomías".
Nesta liña, o titular de Emprego insistiu na necesidade de establecer "pautas consensuadas" coas comunidades, denunciando ademais unha "excesiva intervención central nesta materia, sen ter en conta as circunstancias e particularidades de cada autonomía á hora de fixar criterios de distribución dos fondos".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.