Novo mapa público para consultar o risco de incendios por municipios

O mapa do IRDI incluirá alertas adicionais relacionadas co cambio climático, segundo anunciaron as conselleiras de Medio Rural e Medio Ambiente.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 12/07/2024 | Actualizada ás 19:05

Comparte esta noticia

O mapa de índice de risco diario de incendios (IRDI) mellórase por parte da Xunta para que poida consultarse por municipios e con predición a tres días vista. Ademais, incluiranse alertas derivadas do cambio climático para previr inundacións e ondas de calor.

Aínda que esta opción xa está dispoñible para concellos, prevese que a partir da semana que ven poida ser de consulta pública para toda a cidadanía. Haberá un espazo web no que se aglutinará toda a información útil meteorolóxica para detección temperá de incendios forestais, que incluirá datos de observación e modelos predictivos mediante o uso de intelixencia artificial.

As conselleiras de Medio Rural, María José Gómez, e Medio Ambiente, Anxos Vázquez, foron as encargadas de presentar en rolda de prensa as novidades en colaboración con Meteogalicia. O novo programa contará cun orzamento de 450.000 euros no marco do PIMA Eventos Adversos do Estado.

Así, María José Gómez expuxo que agora será "unha ferramenta moito máis útil á hora de saber o maior ou menor risco de incendios" ao poder determinar a situación de cada municipio de forma diferencia, posto que agora só había un mapa único no que era difícil poder diferenciar os límites de niveis de risco por concellos. Remarca que o IRDI é "esencial" para poder atallar incendios, á vez que resalta o "traballo marabilloso" de Meteogalicia.

Fotos Xunta / Medio Ambiente E Medio Rural /A Conselleira De Medio Ambiente E Cambio Climático,Anxos Vázquez, E A Conselleira Do Medio Rural,María José Gómez, Participan Na Presentación Do Novo Mapa Local De Risco De Incendios Forestais. Xunta de Galicia / Europa Press
Fotos Xunta / Medio Ambiente E Medio Rural /A Conselleira De Medio Ambiente E Cambio Climático,Anxos Vázquez, E A Conselleira Do Medio Rural,María José Gómez, Participan Na Presentación Do Novo Mapa Local De Risco De Incendios Forestais. Xunta de Galicia / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta