Por Europa Press / Redacción | Santiago | 17/07/2024 | Actualizada ás 18:52
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, anuncia que reclamará no Parlamento galego "a mesma rexeneración democrática" que impulsa o presidente do Goberno, Pedro Sánchez. Deste xeito, busca que Galicia non quede "atrasada, unha vez máis, en termos de transparencia e democracia".
O tamén portavoz parlamentario do Grupo Socialista denuncia que o presidente popular do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, vai en dirección contraria a España e Europa: "A Xunta é opaca, a CRTVG é o medio público con máis denuncias en España por manipulación informativa e Rueda perpetúa o peor de Feijóo".
Considera que "Rueda ten que aprender de Pedro Sánchez e de Europa". Valora o ambicioso plan para "frear as fake news" e que a cidadanía teña acceso á información de forma transparente. "Isto é o contrario de ocórreo en Galicia", avisa Besteiro.
Noutra orde de cousas, o portavoz de Sanidade da Executiva do PSdeG, José Miñones, instou á Xunta a executar os novos fondos do Goberno central para atención primaria "de maneira eficiente e con transparencia". Agradece o anuncio de achegar 11 millóns a Galicia nesta materia, os cales "se suman aos considerables investimentos recibidos pola Xunta para a compra de equipos, construción de centros de saúde ou formación".
Respecto diso, a Xunta respondeu a Miñones que esta achega estatal "insignificante" para atención primaria representa o 0,71% do investimento do Goberno galego nesta materia, que ascende a case 1.600 millóns este ano. Ademais, incide en que o investimento que Galicia destina per cápita a atención primaria é de 275,6 euros, por encima da media estatal de 268,9 euros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.