Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/07/2024 | Actualizada ás 16:09
O BNG rexistrou iniciativas no Congreso para reclamar ao Goberno central que denegue fondos ao proxecto que Altri prevé en Palas de Rei, despois de que o Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TJUE) sentenciase que unha compañía deberá suspender a súa actividade se presenta riscos graves para a saúde humana e o medio ambiente polas súas emisións contaminantes.
Nun comunicado, o deputado nacionalista galego no Congreso, Néstor Rego, acusa o proxecto de Altri de incumprir os parámetros de emisións industriais que esixe a normativa vixente. "O proxecto só contemplou e cuantificou catro sustancias contaminantes á atmosfera, polo que o seu estudo de impacto ambiental incumpre a directiva", sostén.
Advirte de que a sentenza do TJUE é de obrigado cumprimento para os Estados membros, de maneira que deben ser tidas en conta todas as emisións contaminantes que realice unha industria. E é que detecta a ausencia no estudo de impacto ambiental da medición das partículas contaminantes PM 2,5 e PM 10, entre outras.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.