O BNG demanda máis recursos para a protección social de menores estranxeiros non acompañados

A deputada Ariadna Fernández esixe á Xunta incrementar os fondos e desenvolver un plan de integración educativa para este colectivo

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 20/07/2024 | Actualizada ás 14:12

Comparte esta noticia

A deputada do BNG Ariadna Fernández presentou no Parlamento galego unha batería de iniciativas para esixirlle á Xunta "máis recursos" para o sistema de protección social, así como un plan de fomento de acollemento familiar para os menores estranxeiros non acompañados e máis fondos para os centros de protección que atenden a este colectivo e a outros menores.

A responsable de Infancia do BNG reclámalle ao Goberno galego "maior sensibilidade ante a situación que se está vivindo cos menores estranxeiros non acompañados" e aféalle "que utilice este colectivo" de menores que "veñen fuxindo de situacións tráxicas e de horror nos seus países de orixe, de catástrofes e de guerras" como motivo de confrontación co Estado.

Ademais de reformar a Lei de Inclusión Social, "sen actualizar desde 2013", a deputada nacionalista demanda desenvolver un plan individual onde se detalle a educación e as medidas específicas de integración destinadas a este colectivo en Galicia, "garantindo así os seus dereitos e garantindo que estes nenos teñan unha oportunidade de futuro".

evidente que a preocupación por estes menores desde a Xunta de Galicia é mínima", asegura a deputada, que lembra que a situación actual das Illas Canarias é de "especial gravidade", con máis de 5.500 menores tutelados polo Goberno insular e cunhas expectativas de duplicarse ata finais deste 2024.

No caso de Galicia, vanse a recibir 26 nenos, nenas e adolescentes non acompañados, unha cifra que a deputada nacionalista considera "moi baixa", xa que é inferior á dos últimos anos. En 2022 estaban en acollemento un total de 177, dato tamén menor que en 2018 e 2019, onde superaban con pouco a cifra dos 200, afirma.

A deputada do BNG Ariadna Fernández.. BNG
A deputada do BNG Ariadna Fernández.. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta