Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 21/07/2024 | Actualizada ás 18:59
A Xunta de Galicia unificou nun só procedemento a burocracia que debían realizar máis de 29.000 familias numerosas da comunidade, sendo a principal novidade a fusión nun único trámite da solicitude, renovación, modificación e duplicado do Título de Familia Numerosa, do Carné Familiar Galego e do certificado de non nado.
Tal e como comunicou o Goberno galego nunha nota de prensa, ata agora existían procedementos diferentes para realizar esas xestións. En consecuencia, isto supuña unha "maior carga burocrática" para as familias.
A iniciativa responde a unha demanda da Asociación Galega de Familias Numerosas (Agafan), entidade coa que a Xunta leva traballando desde hai anos co propósito de adoptar medidas a favor dos membros do colectivo.
A diferenza do Título de Familia Numerosa, único para toda a unidade familiar e con validez para toda España, o Carné Familiar Galego é individual para cada membro do fogar e a súa posesión permite acceder a descontos e vantaxes en máis de 600 establecementos galegos afiliados.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.