A Xunta di que hai una disposición que xa regula o réxime de incompatibilidades dos seus empregados

Unha sentenza do Tribunal Supremo deulle a razón a un fixo discontinuo que traballaba para outra administración.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/07/2024 | Actualizada ás 21:20

Comparte esta noticia

Tribunal Supremo deixábao claro, o período de inactividade dun ou dunha traballadora fixa descontinua "debe considerarse compatible co desempeño dunha segunda actividade no sector público sempre que esta leve a cabo dentro do período de inactividade laboral da relación descontinua e non impida ou menoscabe o estrito cumprimento dos deberes inherentes a ela nin comprometa a imparcialidade ou independencia da súa desempeño".

Dous bombeiros nun incendio forestal
Dous bombeiros nun incendio forestal | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

Con este fallo, o Tribunal Supremo apoiaba a demanda dun bombeiro forestal que era traballador temporal fixo descontinuo no Servizo de Prevención e Defensa contra incendios forestais de Galicia. A este traballador o director xeral da Función Pública da Xunta denegáralle en 2019 a compatibilidade do seu posto co de peón de brigada municipal para repoboación forestal. O bombeiro pedía traballar durante os meses en que non estaba activo para a Xunta.

QUE OCORRERÁ AGORA?

A pregunta que xorde é se a Xunta recorrerá o fallo do Tribunal Supremo. Sexa como for, a Lei de Incompatibilidades de 1984 era a ferramenta legal coa que se impedía o dobre desenvolvemento dun labor profesional. “Esta é una lei desactualizada porque cando se aprobou, a figura do fixo descontinuo era anecdótica” di Aser Tobío da CIG. “Polo de agora a Xunta non emitiu ningunha valoración” sinala Carlos Hermida de CCOO. “Si diremos que este fallo vai afectar a 1.000 persoas dentro do servizo contraincendios en Medio Rural”.

"ACATAR A SENTENZA"

Fontes da Consellería de Facenda destacan que esta sentenza ben dun proceso xudicial anterior a que o Goberno galego aprobara unha disposición que regula, precisamente, este tipo de situacións xa que a Lei de Incompatibilidades do Goberno central queda "obsoleta" para este tipo de cuestións.

"Acatase a sentencia, desde logo", sinalan, aínda que lembran que a Lei de Medidas Fiscais e Administrativas da Xunta do ano 2023 incorporou xa unha disposición adicional para contratar a persoa fixo discontinuo "sempre e cando a segunda actividade non sexa incompatible coa primeira". Previamente e tras a rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, e preguntado a este respecto, o conselleiro da Presidencia, Diego Calvo, respondeu ao GC: "Non teño información para contestarlle a esa pregunta".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta