Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/07/2024 | Actualizada ás 14:11
Uns 104 refuxiados da guerra de Mali chegarán na tarde deste martes a Galicia, mentres que outros 160 farano ao longo desta semana. Así o confirmou o delegado do Goberno na Comunidade, Pedro Blanco, en declaracións aos medios de comunicación tras o acto de presentación dos axentes de Policía Nacional en prácticas levado a cabo en Vigo.
Alí, dixo que este martes chegarán ao Monte do Gozo de Santiago de Compostela 104 migrantes e, "escalonadamente", irán chegando máis nos próximos días. En concreto, esta mesma semana outros 100 chegarán tamén a Compostela e uns 64 a Lugo. "Iremos puntualmente informando segundo vaian chegando", explicou Blanco aos medios, sen especificar máis datas.
MENORES DE CANARIAS
A conselleira de Política Social, Fabiola García, informou este martes que Galicia acollerá a 14 menores migrantes procedentes de Canarias, que chegarán ao longo da primeira quincena de agosto. "Galicia vai acoller tamén menores procedentes de Canarias", confirmou a conselleira en resposta ás preguntas dos xornalistas no transcurso dun acto oficial en Pontevedra.
Segundo detallou, estes menores forman parte da repartición correspondente ao ano 2023 e chegarán ao longo da "primeira quincena de agosto". A Xunta, confirmou Fabiola García, xa ten "todos os dispositivos" listos para a súa chegada, como centros e casas de acollida.
Mentres tanto, empezarán a chegar este martes ao albergue do Monte do Gozo, en Santiago, as primeiras persoas migrantes procedentes de Canarias que serán acollidas este verán en Galicia. A conselleira indicou que, neste caso, trátase de homes adultos solicitantes de asilo que chegaron a España fuxindo da guerra de Mali. "En principio non hai menores entre os cen persoas que van chegar hoxe", engadiu.
"Nestes momentos toda a información que temos por parte da Delegación do Goberno é que van chegar hoxe cen persoas", lembrou Fabiola García. A Xunta, dentro das súas competencias propias, activou un dispositivo social, educativo e sanitario para a súa chegada.
A conselleira lembrou que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, chamou ao delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco "pedíndolle información, aclaracións, e por suposto, esa lealdade institucional que se supón nun momento tan importante, nun momento de crise migratoria como esta". "É certo que estamos a recibir toda esa información por parte da Delegación do Goberno", confirmou a conselleira de Política Social e Igualdade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.