Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/07/2024 | Actualizada ás 14:29
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, recibiu esta mañá ao equipo de Down Ourense que gañou a terceira edición da liga Nacional de Debate para Persoas con Discapacidade Intelectual, pondo en valor o seu talento e reivindicado o seu esforzo e capacidade de superación.
García sinalou que foron capaces de imporse este ano ante 12 equipos de distintas comunidades, tras quedar xa terceiros na anterior edición. Ademais de gañar a liga, un dos integrantes, Paco Diz, fíxose co premio individual como mellor orador, segundo recolle a Xunta nun comunicado.
O Goberno galego lembrou que mantén estreitas vías de colaboración con Down Galicia, mediante as cales achegou case 2,5 millóns de euros a esta entidade en 2023 para distintos programas e servizos, un 37% máis que un ano antes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.