Temas: DVICIO

Cata práctica como inauguración dos cursos de viño e champaña 

Os ciclos formativos impartiranse en Santiago de Compostela e Vigo neste mes de decembro.

Por GC Tendencias | Vigo | 02/12/2015 | Actualizada ás 20:05

Comparte esta noticia
A Sede Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 26) acolle mañá, xoves 3 de decembro ás 11.30 h., a rolda de prensa de presentación dos cursos «Paixón polas burbullas, namorados do champaña» e «As 10 claves básicas para gozar do viño» que terán lugar neste mes de decembro en Santiago de Compostela e Vigo. Posteriormente á rolda de prensa, realizarase unha degustación práctica dirixida aos medios presentes, co obxectivo de introducilos nos conceptos básicos da arte da cata. A presentación contará coa asistencia de Xoán Cannas, director do Instituto Galego do Viño e Marité Cores, coordinadora da Área de Cultura de Afundación.

Temas: DVICIO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta