Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 04/08/2024 | Actualizada ás 12:00
En castelán, unha locución tradicional para denominar un home que gusta de andar sempre entre mulleres, ben por ser moi moceiro ou ben por ser un tanto efeminado, é a de Perico entre ellas.
En galego dispomos tamén, como mínimo, dunha paremia para dar conta dese mesmo significado: Xan por entre elas.
Perico entre ellas
Periquito entre ellas
Mariquita entre ellas
{= Home que gusta de andar sempre entre mulleres, ben por ser moi moceiro ou ben por ser un tanto efeminado.}
Xan por entre elas
Ex.: Se divorció hace ya tiempo: el marido era un Perico entre ellas.
Divorciouse hai xa tempo: o home era un Xan por entre elas.
NOTA:
A expresión galega están tirada das seguintes fontes:
- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).
- Ferro Ruibal, Xesús (dir.): Diccionario dos nomes galegos. Ir Indo Edicións, Vigo, 1992.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.