Estabilizado un incendio en Fornelos de Montes que afecta a seis hectáreas

Tal e como trasladou a Consellería de Medio Rural, o incendio iniciouse ás 16.31 horas na parroquia de Oitavén e quedou estabilizado ás 20.10 horas.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 05/08/2024 | Actualizada ás 20:27

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural deu por estabilizado un incendio orixinado este luns no municipio pontevedrés de Fornelos de Montes e que afecta a seis hectáreas, segundo as últimas estimacións. Tal e como trasladou o departamento autonómico, o incendio iniciouse ás 16.31 horas na parroquia de Oitavén e quedou estabilizado ás 20.10 horas. Na súa extinción participan un total de tres técnicos, cinco axentes, sete brigadas, seis motobombas, unha pa, catro helicópteros e tres avións.

Fume provocado por un incendio forestal
Fume provocado por un incendio forestal | Fonte: Gustavo de la Paz - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta