Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/08/2024 | Actualizada ás 17:08
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, cualificou a situación que vive nesta xornada Cataluña de "esperpento que dana a imaxe de España e da democracia".
Así se pronunciou no seu perfil da rede social 'X' no marco dos últimos acontecementos rexistrados en Cataluña, onde se celebra este xoves o debate de investidura do socialista Salvador Illa e onde reapareceu o expresidente Carles Puigdemont, que volveu a fuxir.
"O que se está vivindo en Cataluña é un esperpento que dana a imaxe de España e a nosa democracia, mentres se desvía a discriminación que o Goberno central leva a cabo co resto de comunidades", advertiu o líder do PP galego.
Rueda, quen xa advertira que non está disposto a consentir que se materialice o acordo con PSC ao considerar que afecta á "igualdade" en termos de recursos, agrega que Galicia "seguirá defendendo un financiamento xusto e solidario".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.