Temas: INTERNET

Localizar as persoas perdidas en Galicia xa é máis doado, pero só en castelán

A Xunta presenta a cobertura para Galicia da aplicación para móbiles Alpify. Unha ferramenta moi útil, por exemplo para localizar a persoas maiores con episodios de selenidade ou doentes de alzheimer. Agora ben, a aplicación e a súa web só están en español, catalán, inglés e francés.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 09/12/2015 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

O Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia ten operativa desde hoxe unha nova aplicación que facilitará a localización de persoas que se atopen en situación de emerxencia.

Intre da presentación da aplicación Alpify
Intre da presentación da aplicación Alpify

A aplicación, denominada “Alpify”, é de fácil manexo e basta con premer o botón vermello de “emerxencia” para que envíe un aviso ao 112, que recibe a ubicación da persoa que pide o auxilio, xa sexa en zonas urbanas ou de montaña. No caso de perder a cobertura do móbil, a aplicación envíe unha mensaxe de texto ao 112 e ao mesmo tempo sitúa a emerxencia para o centro coordinador cun rango de erro de entre 3 e 10 metros.

Grazas á App, o CAE 112 poderá localizar con maior precisión a través de GPS cando unha persoa chame ao Centro de Atención ás Emerxencias, poderase localizar a persoas que fosen dadas por desaparecidas; enviar alertas adaptadas á localización onde se atopa a persoa; e ademais, con importantes vantaxes especialmente na procura de persoas maiores con senilidade e para reforzar a seguridade en zonas rurais.

A aplicación permitirá ao usuario conectar directamente co Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia, desde onde localizarán a súa ubicación e o traxecto realizado nas últimas horas para poder prestarlle así a axuda que necesite.

O emprego desta ferramenta, baseada na tecnoloxía GPS, 4G/3G/GPRS y GSM, permitirá que, no caso de aviso por parte dunha persoa atrapada, accidentada ou perdida, os servizos de emerxencias poidan coñecer exactamente a súa situación ou o percorrido realizado ata chegar ao punto no que se atopa, o que permitirá reducir os tempos de resposta.

“Alpify” pódese descargar gratuitamente desde o propio smartphone en Iphone, Android e Blackberry ou a través da web alpify.com. A web do proxecto ao que se une a Xunta e a propia aplicación non están dispoñíbeis en galego. O portal e a aplicación funcionan en castelán, catalán, inglés e francés. Aplify é unha aplicación moi popular, pois en Androido xa suma medio millón de descargas.

Temas: INTERNET
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

6 TSE Carlos

Muy buena aplicación, probada y sigue funcionando y se actualiza con frecuencia ( seguridad ) Gracias por el aporte !!! Saludos

5 MartaSolis

Me encanta esta aplicación y realmente me está resultando muy útil. El problema que tengo es que desde que he adquirido un iphone 6 no se ve correctamente y la verdad es que es un fastidio. Solamente quería dejar este mensaje por si los desarrolladores de esta app pueden adaptarla a la pantalla del iphone 6.

4 Inacio

Descarguei a Alpify e non funciona en galego. E logo?

3 Danoxo

É que ,os que nom falem espanhol ainda que fiquem perdidos é o mesmo.Total som galegos!

2 tudo o amor da lusofonia

e não había versão em galego de Portugal?