Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 18/08/2024 | Actualizada ás 17:54
A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) iniciará este luns e ata o vindeiro domingo unha campaña especial de control de consumo de alcol e drogas ao volante. Por iso, segundo informou a Delegación do Goberno en Galicia, a Garda Civil intensificará os controis nas diferentes estradas da comunidade.
O alcol está presente como factor concorrente ou causante nun terzo dos accidentes mortais. A súa presenza na condución, dependendo da taxa, multiplica entre 2 e 15 o risco de sufrir un accidente. Así, na mesma campaña especial desenvolvida o pasado ano entre o 14 e o 20 de agosto, a Garda Civil realizou 35.961 controis de alcoholemia en Galicia, dos que 538 foron positivos.
Ademais, efectuou 492 controis de drogas, con 244 positivos e a 26 condutores instruíronlles dilixencias para o seu posterior traslado á autoridade xudicial por delitos contra a seguridade viaria.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.