De control de velocidade a delito: detido por roubar un radar

O dispositivo de control de velocidade foi recuperado grazas ao sistema antirroubo tras ser roubado por un veciño do Porriño.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 19/08/2024 | Actualizada ás 14:31

Comparte esta noticia

Un home de 61 anos foi detido por roubar un radar móbil que a Garda Civil situara na estrada PO-552 á altura da localidade pontevedresa de Santa María de Oia. Os feitos tiveron lugar o pasado 3 de agosto, cando axentes da Garda Civil de Tráfico do Porriño levaban a cabo un control de velocidade no sur da provincia pontevedresa.

Os axentes decatáronse que o radar deixara de enfocar á vía e, ao atoparse nas proximidades do lugar onde o situaron, puideron observar ao home que llo levaba e introducíao na parte traseira dunha furgoneta. Grazas ao sistema antirroubo do cinemómetro, minutos máis tarde lograron interceptar ao individuo, identificado como un home de 61 anos veciño do Porriño, segundo trasladou este luns a Garda Civil.

O dispositivo presenta danos debidos ao golpe que sufriu ao ser lanzado contra o chan do vehículo do detido, ao que se imputan un delito de furto e outro de danos polos que se expón a penas de ata 42 meses de cárcere, ademais de multas económicas.

Radar roubado por un home en Oia (Pontevedra). GARDA CIVIL
Radar roubado por un home en Oia (Pontevedra). GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta