Morre un traballador en Padrón tras ser atropelado por unha pa mecánica

Os servizos sanitarios desprazados ao lugar só puideron confirmar o seu falecemento

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/08/2024 | Actualizada ás 18:35

Comparte esta noticia



Un traballador faleceu este martes no municipio coruñés de Padrón tras ser atropelado por unha pa mecánica nunha fábrica da localidade, en Finsa.

Segundo informou o 112 nas súas redes sociais, o suceso tivo lugar na parroquia de Iria Flavia. Os servizos sanitarios desprazados ao lugar só puideron confirmar o seu falecemento.

O falecido era un operario externo, de Transportes Veciño -- empresa con base en Zas --. Así o confirmou o alcalde de Padrón, Ángel Arca, que ademais trasladou as súas condolencias á familia e amigos da vítima.

Faltaban minutos para as 17.45 horas cando os xestores do 112 Galicia recibiron a chamada de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, na que alertaban ademais de que a situación parecía grave.

No dispositivo participaron, ademais dos propios servizos sanitarios, os axentes da Garda Civil e os efectivos do GES de Padrón. Informouse tamén á Policía Local e ao Servizo Municipal e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do municipio.

A Garda Civil investiga agora as circunstancias que rodean ao suceso para tentar aclarar o ocorrido. Para iso, tomarán declaración ás testemuñas co obxectivo de poder determinar se se trata ou non dun accidente.

As dilixencias, unha vez finalizadas, remitiranse ao xulgado correspondente.

UN AGOSTO MARCADO POR ACCIDENTES LABORAIS

Este mes de agosto vén marcado en Galicia polos accidentes laborais. Ademais do suceso deste martes, outro tres accidentes de natureza similar producíronse no últimas tres semanas.

Así, o pasado 6 de agosto un operario falecía en Lugo ao caerlle unha árbore encima mentres traballaba nunha zona de monte, na parroquia de Camoira.

En Santiago de Compostela, unha semana despois, outro operario falecía tras precipitarse desde o tellado dunha nave do Polígono do Tambre, en Santiago de Compostela, cunha caída de máis de 10 metros.

Por último, un traballador falecía o pasado 14 de agosto en Pontevedra tras sufrir unha caída desde unha altura duns 20 metros cando se atopaba realizando tarefas nunha nave situada no lugar de Pazos, en Marcón.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta