Por Europa Press / Redacción | Compostela | 22/08/2024 | Actualizada ás 12:39
O norte e o leste peninsular continuarán con choivas ata este sábado nunha semana marcada pola inestabilidade. En canto ás temperaturas, as máximas manteranse por encima dos 35ºC na metade este peninsular, segundo a predición do portavoz da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), José Luís Camacho.
Por días, Camacho explicou que a Península Ibérica estára este xoves entre un chorro subtropical que cruzará o norte de Marrocos e a circulación polar que descenderá en latitude e formará unha potente vaguada ao noroeste. Sobre a Península, haberá unha vaguada débil que propiciará a inestabilidade con chuvascos e tormenas na zona oriental.
Mentres, en superficie, rexistraranse subas de presión débiles e converxencias entre poñentes e levantes que focalizarán o inicio dos desenvolvementos treboentos. Ademais, a retirada do anticiclón propiciará ventos de compoñente oeste na metade occidental da Península e fluxos máis frescos do noroeste en Canarias.
En liñas xerais, no oeste e norte de Galicia e Cantábrico occidental interior continuará a nebulosidade, con posibilidade dalgunha precipitación débil ocasional. O portavoz de AEMET sinalou que ao longo do sábado a vaguada polar e unha fronte fría asociado varrerán o norte da Península Ibérica. Na Península, prevese o paso dunha fronte atlántica, con ceos nubrados ou cubertos no extremo norte, e precipitacións en Galicia e área cantábrica, máis abundantes en montaña en forma de chuvascos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.