Pastor de moteira e Besteiro na Praza de Abastos

Os políticos buscan, en época electoral, o mellor xeito de chegar aos votantes. Ana Pastor deu unha volta en moto, mentres que o líder do PSdeG preferiu repartir propaganda electoral no mercado de Santiago.

Por Galicia Confidencial | Cambados | 12/12/2015 | Actualizada ás 17:56

Comparte esta noticia

Os políticos aproveitan estas xornadas electorais para reunirse con colectivos cos que é difícil que se vexan ao longo do resto do ano. É o caso da  ministra de Fomento e candidata ao Congreso por Pontevedra, Ana Pastor, que decidiu este sábado montar na moto do secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, xunto cun cento de moteiros do club "O mellor de cada casa".

Ana Pastor na moto do secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda
Ana Pastor na moto do secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda | Fonte: cadenaser.com

A voltiña de Pastor non foi moi longa. Pouco máis de 20 quilómetros, desde o centro de Cambados (Pontevedra) a outra zona da comarca do Salnés. Logo aproveitou para escoitar as reclamacións deste colectivo, sobre todo, o que ten que ver con barreiras de protección, a pintura das estradas homologada e a rebaixa nas peaxes para este vehículo.

Pola súa banda, o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, preferiu acudir a un lugar moito máis concorrido, especialmente, en sábado, como é a Praza de Abastos de Santiago. Alí paseou polos distintos postos, falou cos dependentes e repartiu propaganda electoral.

De feito, esta exposición a veciñanza de Santiago tivo os seus pros e os seus contras. Algúns saudárono efusivamente, pero outros criticaron que só se lembre deles cando hai eleccións. "Está ben que vos acordedes de nós, aínda que sexa unha vez cada catro anos", díxolle con ironía un carniceiro.

Durante o percorrido, Besteiro non dubidou en entrar dentro dos postos para deixar a propaganda electoral debido a que os encargados estaban demasiado ocupados e coas mans manchadas. O líder socialista aproveitou a ocasión para comprar un par de bolsas de froita antes de deixar o mercado.

Besteiro nunha feira en Lugo
Besteiro nunha feira en Lugo | Fonte: psdeg-psoe.org

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 nosinonnon

home, se a moto está parada, ben pode estar sen él. no si?

1 Slurp

E o casco onde vai señora Pastor? Ou é que ten a cabeza moi dura....????