Máis de 18.000 galegos levan máis de catro anos en desemprego e a metade deles non percibe prestación

Segundo os datos facilitados por UXT.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/08/2024 | Actualizada ás 19:21

Comparte esta noticia

Máis de 18.000 galegos levan máis de catro anos en situación de desemprego e, deles, a metade non percibe prestación algunha, segundo os datos facilitados por UXT. Nun comunicado remitido aos medios este venres, o sindicato demanda ás administracións medidas para favorecer a reincorporación ao mercado laboral destes colectivos.

Das persoas que suman máis de catro anos sen traballo, 9.200 son homes e 8.800 mulleres. O 52% están inscritos como demandantes de emprego pero non perciben ningún tipo de subsidio ou prestación. UXT avisa que, ante esta situación, estas persoas ven obrigadas a recorrer a axudas de carácter universal para poder subsistir. De feito, un terzo están inscritos e reciben algún tipo de prestación deste tipo.

A iso súmase que as prestacións que reciben "son tan baixas" que "normalmente" non impiden que estas persones abandonen a súa situación de risco de exclusión social. O sindicato sinala que o 47% destes desempregados de longa duración teñen máis de 55 anos e contan cun nivel formativo que non supera a primeira etapa de educación secundaria.

Oficina Da Seguridade Social, Oficinas, Emprego, Desemprego, Desempregado
Oficina Da Seguridade Social, Oficinas, Emprego, Desemprego, Desempregado

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Moine

Seria bom conhecer a quem votárom eles e a sua familia.