O veciño de Amoeiro que apedreou a outro hai semanas, detido de novo por quebrantar a orde de afastamento

Estaba en vigor desde a agresión do xoves.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/08/2024 | Actualizada ás 14:54

Comparte esta noticia

A Garda Civil de Tamallancos detivo por suposto quebrantamento de orde de afastamento ao veciño de Amoeiro que este xoves foi detido por apedrear a outro home semanas atrás.

Segundo explican, o veciño de 51 anos de Monte Asnal achegouse ao conveciño de 71 anos respecto do que tiña unha orde de afastamento en vigor desde a agresión do xoves.

A vítima explicou que foi agredido o pasado 18 de agosto por parte do denunciado e que foi cunha pedra no peito, que lle causou a rotura da clavícula esquerda e varias contusións no corpo polo que estivo dous días hospitalizado.

Un axente da Garda Civil, de costas, de pé xunto a un vehículo oficial
Un axente da Garda Civil, de costas, de pé xunto a un vehículo oficial | Fonte: GARDA CIVIL - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta