Arrastra unha bicicleta e choca contra a terraza dun bar quintuplicando a taxa de alcol permitida

Aconteceu en Malpica.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/08/2024 | Actualizada ás 14:32

Comparte esta noticia

O Subsector de Tráfico da Garda Civil da Coruña investiga a un condutor de 60 anos por un presunto delito contra a seguridade viaria, tras impactar contra a terraza dun bar en Malpica con cinco veces a taxa de alcol en sangue permitido para a circulación.

No suceso, feriu a un cliente que se atopaba con dous menores. Segundo apunta a Garda Civil nun comunicado, o condutor abandonou o lugar sen auxiliar ás posibles vítimas. Os feitos ocorreron ás 22.40 horas do domingo 25 de agosto, cando o 112 Galicia informou a Tráfico de que un vehículo arroiara o mobiliario da terraza dun bar en Malpica. Tres persoas, entre elas dous menores, atopábanse na terraza no momento do impacto.

Tras a colisión, o condutor deuse á fuga, arrastrando baixo o motor unha bicicleta que estaba nas inmediacións do bar. O vehículo foi finalmente interceptado na zona portuaria de Malpica por un auxiliar da Policía Local e un garda civil fóra de servizo.

As probas de alcoholemia realizadas ao condutor arroxaron un resultado de 1,20 mg/litro en aire expirado. Impútaselle un suposto delito contra a seguridade viaria por superar as taxas de alcoholemia e podería enfrontarse a outro delito de abandono do lugar do sinistro. As penas que podería afrontar inclúen prisión de tres a seis meses, multa de 12 a 24 meses ou traballos en beneficio da comunidade de 31 a 90 días.

Porto de Malpica de Bergantiños
Porto de Malpica de Bergantiños | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta