Beiras toma o protagonismo de En Marea

O veterano líder nacionalista inicia unha intensa xira electoral que o levará a percorrer todas as provincias galegas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/12/2015 | Actualizada ás 12:21

Comparte esta noticia

O portavoz nacional de Anova e de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Xosé Manuel Beiras, asume o protagonismo de En Marea na parte final desta campaña. O veterano político nacionalista iniciou este luns en Lugo unha intensa xira que o levará polas catro provincias galegas durante esta semana.

Xosé Manuel Beiras nun mitin de En Marea en Lugo, xunto con Fernán Vello
Xosé Manuel Beiras nun mitin de En Marea en Lugo, xunto con Fernán Vello | Fonte: enmarea.gal

Beiras comezou a súa particular carreira electoral en Lugo xunto ao alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o cabeza de lista por Lugo de En Marea, Miguel Anxo Fernán Vello, no mitin que se celebrará no Instituto Virxe dos Ollos Grandes.  Nesa provincia, á coalición En Marea podería obter un escano segundo as últimas enquisas.

Este martes,  Beiras arroupará, xunto aos alcaldes de Santiago, A Coruña e Ferrol, ao candidato de En Marea por Ourense, mentres que o mércores participará no mitin central de Santiago, onde tamén estará a deputada Yolanda Díaz, número dous ao Congreso de En Marea pola Coruña. Precisamente, ese día Pablo Iglesias aterrará na Coruña para participar no único mítin en Galicia da campaña.

O xoves, Beiras desprazarase até Pontevedra para acompañar a Alexandra Fernández e Ánxela Rodríguez, número 1 e 2 por esa circunscrición respectivamente, no acto que terá lugar no Colexio Froebel, e o venres participará no peche de campaña, en Vigo, xunto aos catro cabezas de lista de En Marea. 

Xosé Manuel Beiras nun mitin de En Marea en Lugo
Xosé Manuel Beiras nun mitin de En Marea en Lugo | Fonte: enmarea.gal
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

8 ixtlan

Non pelexedes por galgos ou podencos. En Marea, Nós ou PT... con tal de que a carraxe ó próximo non vos faga votar ó PP, PSOE ou C's, tudo bem. O día 21 falaremos, e veremos se pagou a pena a crítica e espelexa-lo percibido como "contrario" mentres se erra o enfoque.

7 Doutor Tersili

Eu son Beirista inquebrantabel mais vou votar por NOS.....pois non entendo por que o Xosé Manuel non se apresentou (e se adica a facer-lle o xogo a toda esa manda de tiralevitas e advenedizos que van nas listas da Marea tipo Yolanda Diaz e demais) e por que estivo tan caladinho cando a Marea obviou a Nos durante a farsa unitaria polo medo terrorífico que tiñan a perderen as correspondentes primarias....seica esto ía ser democracia de abaixo a arriba e xa se veu..........un pu to engano aos cidadáns que queríamos crer "noutra cousa".....

1 Alma Xemelga

Que curioso! Eu son pacorrodiguista de toda a vida, pero vou votar En Marea. Pola mala cara que puxo Jorquera co bico a Callón, maiormente.

2 Eu sen guía espiritual

Pois eu, que non son fan do Beiras traidor nin do Paco Zarzuelas, non vou votar por Nós-BNG nin por Mareas españolizadas. Prefiro unha alternativa digna, como é o Partido da Terra. Os do BNG son uns vendidos ao PsoEspañol, e os das mareas a Podemos e IU. Ademais Nós non rasca, un voto perdido, e para voto contestatario mellor o PT. E as Mareas por Lugo e Ourense, terei que velo para crelo, pero tampouco podo votar a vividores do conto. Non é plan, que dicía unha colega...

6 Doutor Tersili

Eu son Beirista inquebrantabel mais vou votar por NOS.....pois non entendo por que o Xosé Manuel non se apresentou (e se adica a facer-lle o xogo a toda esa manda de tiralevitas e advenedizos que van nas listas da Marea tipo Yolanda Diaz e demais) e por que estivo tan caladinho cando a Marea obviou a Nos durante a farsa unitaria polo medo terrorífico que tiñan a perderen as correspondentes primarias....seica esto ía ser democracia de abaixo a arriba e xa se veu..........un pu to engano aos cidadáns que queríamos crer "noutra cousa".....

5 Doutor Tersili

Eu son Beirista inquebrantabel mais vou votar por NOS.....pois non entendo por que o Xosé Manuel non se apresentou (e se adica a facer-lle o xogo a toda esa manda de tiralevitas e advenedizos que van nas listas da Marea tipo Yolanda Diaz e demais) e por que estivo tan caladinho cando a Marea obviou a Nos durante a farsa unitaria polo medo terrorífico que tiñan a perderen as correspondentes primarias....seica esto ía ser democracia de abaixo a arriba e xa se veu..........un pu to engano aos cidadáns que queríamos crer "noutra cousa".....

4 Ana

Para min Podemos ofrece so "ilusion" de cambio, mentras o nacionalismo de partidos coma NÓS en Galiza e sobre todo a CUP en Catalunya son o cambio real. A globalizacion e as politicas neoliberais derrotanse co nacionalismo, apostando pola soberania, pola descentralizacion total e a defensa do propio (sectores economicos propios, lingua, recursos naturais, etc). A socialdemocracia de Podemos non representa ningun problema para o gran capital, xa que non cuestionan nin o libre mercado, nin o euro, nin o pago da debeda publica, nin o rexime do 78. Soamente aspiran a ser muleta ou recambio do PSOE.

1 As uvas están verdes!

O mesmo PSOE ao que sempre apoiou o Bloque, claro que ti ese pequeno dato non o contas... rapos@. Por certo, da CUP non coñezo participantes dunha Sicav de Luxemburgo, imputados e até condenados (polo exercicio cando eran cargos públicos do BNG), regalos e cheques entregados e outras convivencias con empresarios, portas xiratorias, deixar pasar prazos para canteiras ilegais quedar consolidadas..., do BNG si. Se cadra precisas mudar as lentes, ou abrir os ollos!

2 balbino

As uvas están verdes porque non demostras iso da sicav mentireiro, a representante do bloque en Europa e os de bildu renunciaron os plans de pensións relacionados con sicav en Luxemburgo (foron os únicos) pero todo vale para enmerdar. O BLOQUE castigase por apoiar o PSOE pero a única alternativa era o PP.

3 As uvas están acedas!

Balbino, por favor, está publicado por moitos medios: desde Stern, pasando por Infolibre, e chegando a Praza... En alemán, en español, en galego... Camilo Nogueira, o sogrisimo de Vence, como eurodeputado do BNG participou nunha Sicav de Luxemburgo. Se non che gosta podes poñerlle mel, igual o dixires mellor, pero é o que hai: a verdade que outros medios "independentes" e "precisos" ocultan. Se necesitas saber dos outros feitos demostrados das corruptelas do BNG tamén te informo, pobre Balbino tapador da "nosa" mafia particular. Non todo vale, aínda estamos agardando desculpas (outros fixérono, a sobervia do BNG non volo permite). E tamén agardo, sentado, que retires o de mentireiro.

4 balbino

Ilumíname señor das uvas e dime a quen voto o domingo logo. Non sei si coñeces o funcionamento das Sicav, o normal e que grandes fortunas busquen mariachis para formala e son estas grandes fortunas quenes se favorecen da tributación favorable, non sei si Camilo Nogueira salíu a tempo desta farsa que teñen otorgada tódolos eurodiputados polo feito de selo, debería haber saído coma fixeron os seus sucesores do BNG. Iso de medios precisos no é tal, dicir que unha persona participa nunha sicav polo feito de que unha institución pública faga aportacións a plans de pensións relacionados con Sicav é algo sesgado, con esa afirmación metes no mesmo cesto a millóns de persoas que son pequenas aforradoras a través de merdas de productos que lle venden no banco e nos saben en que se empregan os seus aforros. De todos modos retiro o de mentireiro