O comercio minorista en Galicia aumenta as vendas un 4,3 % en xullo, liderando o crecemento nacional

Galicia supera o promedio nacional cun forte aumento interanual, mentres que o comercio minorista en España tamén amosa recuperación.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 30/08/2024 | Actualizada ás 12:12

Comparte esta noticia

As vendas do comercio minorista en Galicia (excluídos vehículos de motor e motocicletas) aumentaron en xullo deste ano un 4,3 % con respecto ao mesmo mes do ano pasado, segundo os datos publicados este venres polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

A variación mensual tamén foi positiva, cun crecemento do 13,8 % con respecto a xuño, mes o que tamén creceu a cifra de negocio con respecto ao mes anterior, pero no que se rexistrou unha baixada interanual do 2,1 %.

En canto aos datos nacionais, o comercio minorista rexistrou en xullo un aumento das súas vendas do 2,8% en relación ao mesmo mes de 2023, taxa 4,2 puntos superior á do mes anterior e a máis elevada desde o pasado mes de febreiro.

Co avance de xullo, mes que da inicio ás rebaixas en moitos negocios, a facturación do comercio minorista volve a taxas positivas despois de que en xuño rexistrase un retroceso do 1,4%.

Dentro do sector do comercio minorista, as vendas de produtos de alimentación subiron un 2,5% interanual, mentres que as vendas do resto de produtos incrementáronse un 4,2% en comparación con xullo de 2023, con aumentos do 5,2% e do 5,6% nas vendas de equipo do fogar e de saúde, respectivamente. Máis moderado foi o avance das vendas de equipo persoal, do 1%. Pola súa banda, as vendas nas estacións de servizo repuntaron un 1,5% no sétimo mes do exercicio en comparación con igual mes do ano pasado.

Arquivo - Mercado en Lugo. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Mercado en Lugo. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta